martes, 9 de junio de 2009

Deitada frente ao mar


DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gusta,
porque me peta e quero e dáme a gana;
porque me sae de dentro,
alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a grabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos nus.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ese camiño...


Longa noite de pedra

1 comentario:

xmartins dijo...

Os nosos mariñeiros souberon sempre evitar que o barco fose contra as pedras. Hai novos patróns que nunca andaron enriba das nosas ondas e pretenden que naufrague o noso tesouro máis singular, a nosa lingua.
Miles der mareas para ela!
Tiveches tempo de sacar unha foto coa illa dea Samartolomeu de fondo.Noraboa.